Contamos con amplias instalacións adaptadas ás necesidades de cada idade.
Horario de apertura:
A escola permanece aberta de luns a venres (non festivos) en horario continuo desde as 6:30 da mañá ata as 20:30 da noite.
Comedor:
O noso centro ten cociña propia e aquí elaboramos os almorzos, as comidas e as merendas.
O menú está revisado pola dietista LORENA DÍAZ GARCÍA e cumpre os requisitos precisos para unha boa alimentación na etapa infantil.
Este menú modifícase en función das distintas necesidades dos nenos e nenas: gastroenteritis, alerxias, intolerancias…
ver o menú
Transporte:
O centro dispón de un transporte adaptado para menores. Encargámonos de recoller e deixar aos nenos e nenas no seu domicilio.
As horas e o percorrido do transporte varían en función das necesidades das familias.
Servizo complementario diurno e de comedor:
O noso centro está autorizado por VICEPRESIDENCIA para atender a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos de idade, escolarizados en outros centros.
Actualmente levamos e recollemos a nenos e nenas dos colexios: FOGAR, BERGANTIÑOS e a CRISTINA de Carballo.
Encargámonos de que almorcen, coman e/ou merenden ben e de que realicen actividades según idade (informática, aula de cine, xogo libre, deberes…).
Temos un seguro específico que cubre a estes pequenos e pequenas.